As Pontes 74, vixente campión de copa, e Maren encabezan a clasificación da liga de fútbol de veteranos de As Pontes, despois de vencer polo mesmo resultado, 4-1, a Xuntanza e MMYPEM, respectivamente. Mobles Eume gañou por 0-2 a Bar Xardín e Farmavida impúxose por 1-3 ó conxunto de La Galaxia. Descansou nesta primeira xornada de liga Mesón A Cepa.
Na segunda xornada, interesantes choques entre Farmavida e A Cepa e As Pontes 74 e Bar Xardín (antes Santaballés), campións de copa e liga da pasada temporada.
RESULTADOS 1ª XORNADA 5/6 – Outubro 2013
Xuntanza – As Pontes 74 (1-4) Carlos / Óscar Cebreiro, Manel, Óscar (pp) e Paz
Bar Xardín Mobles Eume (0-2) Carlos e Luis
La Galaxia Farmavida (1-3) Barcón / Javi (2) e Chente
MMYPEM Maren (1-4) Franco / Edward, Juan (p) e Carlos Piñón (2)
Descansou: A Cepa
2ª XORNADA 12/13 – Outubro 2013
Farmavida A Cepa (Sáb. 12, 20,00h)
As Pontes 74 Bar Xardín (Dom. 13, 10,00h)
Maren La Galaxia (Dom. 13, 11,00h)
M. Eume – MMYPEM (Dom. 13, 12,00h)
Descansa: Xuntanza
Nova cortesía de A.F.