LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: BAR XARDÍN NOVO LÍDER

O Bar Xardín é o novo líder da liga de fútbol de veteranos de As Pontes despois do seu triunfo diante do ata agora primeiro clasificado, Farmavida, nun partido moi disputado, con alternancias no marcador e con vitoria final do Bar Xardín por un axustado 3-2
Quen tamén está remontando na competición é La Galaxia, que nesta xornada venceu por un gol a cero a Mesón A Cepa. Nos outros partidos, vitoria cómoda de As Pontes 74 (2-0) sobre Maren e goleada de Mobles Eume a Xuntanza (6-0)
Ocupa a primeira posición en solitario, con 18 puntos, Bar Xardín. No segundo posto están empatados a 16 puntos Farmavida e La Galaxia. Na cuarta posición atópase Mobles Eume (12), seguido de As Pontes 74 (10), A Cepa (7), MMYPEM (5), Maren (4) e Xuntanza (2).
Na táboa de goleadores ocupan a primeira posición Carlos Piñón (Maren) e Javi (Farmavida) con 6 tantos. Con 5 está Lozano (Bar Xardín) e con 4 Francés (A Cepa) e Julio (As Pontes 74).
RESULTADOS 8ª XORNADA 23/24 – Novembro – 2013
M. Eume – Xuntanza (6-0) Cendán (3), Pablo, Rubén e Carballo
Farmavida – Bar Xardín (2-3) Raúl e Rafa / Pedro (2) e Lozano
La Galaxia – A Cepa (1-0) Senén
Maren – As Pontes 74 (0-2) Vila e Paulino
Descansou: MMYPEM
veteranos


9ª XORNADA 30/Novembro – 1/Decembro – 2013
Xuntanza – A Cepa (Sáb. 30, 20,00h)
Bar Xardín – Maren (Dom. 1, 10,00h)
As Pontes 74 – M. Eume (Dom. 1, 11,00h)
MMYPEM – Farmavida (Dom. 1, 12,00h)
Descansa: La Galaxia
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios