Ata o vindeiro 22 de setembro estará aberto o prazo para a inscripción de equipos na Liga de Veteranos de As Pontes, que se xoga na modalidade de futbol-7.
Os equipos interesados en participar deberán de remitir un correo electrónico a futbolveteranosaspontes@gmail.com indicando o nome do equipo, nome e apelidos do representate do equipo, así como os datos de contacto (teléfono e correo electrónico).
A data de inicio da Liga será o 5 de Outubro. A semana anterior ó inicio da Liga será presentado o calendario ligueiro a todos os equipos participantes.
A cuota de inscripción por equipo será de 200 .
Cada equipo poderá dispor de un máximo de 16 fichas. As fichas que podan quedar sin cubrir ó inicio da Liga, poderanse cubrir ó longo da tempada. Pero unha vez iniciada a Liga, ós equipos coas fichas completas non se lles permitirá dar de baixa un xogador para dar de alta outro.
Só se poderán inscribir xogadores con idades a partir de 35 anos, ou que cumpran os 35 durante o período de Liga, é dicir entre o 1 de Outubro 2013 e o 30 de Xuño 2014.