LIGA GALEGA DE RUGBI 2011-12: CR FENDETESTAS AS PONTES 22 PONTEVEDRA RC 18

Sufrido pero merecido triunfo do Fendetestas na visita do equipo pontevedrés ó Campo do Monte Medulio o sábado ás 16:00.
Adiantaronse os visitantes cun ensaio, pero dous consecutivos de Antón situaban o marcador no 12-7 co que se chegou ó descanso.
Dúas transformacións prontevedresas e unha local situaban o marcador nun apretado 15-13 mediado o segundo tempo.
Ahí é onde chegou unha das xogadas claves do encontro, estando a escasos milímetros os visitantes de conseguir o ensaio, foron placados in extremis no último instante, e nas posteriores melés os verdes conseguiron solventar milagrosamente a situación, vendose compensados por riba polo posterior ensaio de Iago, que debutaba e acababa de saír, e coa transformación case sen ángulo de Kiko, que situaba o tranquilizador 22-13 no marcador.
Resultado que maquillaron os de Pontevedra a un minuto do final poñendo o definitivo 22-18.
fendetestas_0001.jpg


Os ponteses, que a piques estiveron a semana anterior de volver a facer a machada de gañar xogando con menos xogadores que o rival, pero acabaron perdendo co Santiago 15-11, situanse sextos.
Ó hándicap para o Fendetestas é o calendario, xa que nas primeiras xornadas están xogando contra os rivais da zona baixa e agora presentaselles un calendario bastante máis duro.
Lidera Vigo con 30 puntos, seguido de Lalín e Zalaeta de Arteixo con 25, Ourense ten 20, Ferrol 18, Fendetestas 14, Mareantes de Pontevedra 14, Santiago 9, Muralla 8, Crat A Coruña 7, Jabatos do Bierzo 4, pechando a táboa o Pontevedra con 2.
Xogaron Barbas, Moncho, Xose, Rayito, Ángel, Lois, Toño, Miguel, Huesy, Kiko, Antón, Álvaro, Robert, Pablo e Manolo Cope. No transcurso do segundo tempo saíron Iago e Jacobo.
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios