LIGA GALEGA XUVENIL: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (0-4)

Goleada a domicilio ante o Eume Deportivo do As Pontes xuvenil na primeira xornada da Liga Galega xuvenil, en partido disputado este venres no campo de herba artificial da Gándara, de Pontedeume.
O As Pontes foi moi superior ó Eume Deportivo e ó minuto oito anotaba o primeiro tanto nun lanzamento para atrás de Javi que bate no longueiro e entra na portería local. A continuación houbo varias ocasións para os ponteses e tan só unha para os locais. A falta de dez minutos o dianteiro centro pontés, Adrián, marcaba o 0-2 para o seu equipo, resultado co que se chegou ó descanso.
A segunda parte foi un calco da primeira, incluso con máis oportunidades para o As Pontes, que dominou claramente o partido. No minuto tres Dani marca desde fóra da área. No dezasete un defensor local toca co brazo un balón e o penalti transfórmao Javi, logrando o segundo da súa conta particular. Puido chegar o quinto no minuto 32, pero o disparo de Tini foise ó poste esquerdo da portería do Eume.
Polo Club Deportivo As Pontes xogaron Cris (Jairo, 72), Saviola, Rubén, Darío, Diego Espada (Gonza, 75), Esteban, Javi, Álex Montero, Adrián (Tini, 72), Dani (Dieguito, 60) e Criado.
Na segunda xornada de liga, sábado 22, o Club Deportivo As Pontes recibe no campo do Poboado ó Montañeros B.
eume-aspontes-0001.jpg


eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
eume-aspontes-0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios