LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 BERGANTIÑOS FC 1

Xeniais tres puntos pra o equipo xuvenil de Jose Carballo, que venceu con remontada incluida ó equipo representativo da sempre prolífica canteira de Carballo.
Puido poñerse por diante o As Pontes con dúas boas ocasións do brasileiro Magi, incluso desperdiciou un penalti o cadro azul, e foron os vermellos os que se adiantaron 0-1.
Pero xa na segunda metade dous bos goles, con gran definición, do nove azul, Magi, deron a volta ó encontro, incluso o mesmo xogador puido sentenciar pero entretivose e cedeu o balón tarde a Alex Montero que disparou fóra.
Os visitantes achucharon nos últimos minutos buscando sumar algo positivo, incluso marcaron un gol no que o xuíz de liña ergueu a bandeirola e decretou fora de xogo, o marcador non se moveu e os azuis suman a súa sexta victoria, por tres derrotas, á espera de que xogue mañá o Caranza en Pontedeume, situanse na zona noble, cuartos, a so dous puntos do ascenso, que marca a Milagrosa con 21, e O Val, con 20, que hoxe recibiu a súa primeira derrota ó caer contundentemente ante un dos equipos de abaixo, Conxo B (0-4). Tampouco andivo moi cómodo o cadro lugués da Milagrosa que so foi quen de vencer 2-1 ó penúltimo Brexo Lema, que ata agora so suma un punto, o que indica o bo nivel dos 18 equipos desta categoría.
Compricadísimo duelo de rivalidade o que teñen os de Carballo a semana que ven ante o Galicia de Caranza.
xuvenil_0001.jpg


Xogaron Krikry, Saviola, Rubén, Darío, Diego, Esteban (Tiny 78´), Adrián (Capela 80´), Alex, Magi (Gonza 89´), Dani (Juancito 75´), Jandro (Diego 90´).
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios