TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 NARÓN BP 0

Outra vez victoria nos últimos minutos dun As Pontes que xa suma 22 puntos, e ten a metade dos deberes feitos cando aínda faltan dous tercios da Liga, pero queda moito traballo por diante.
En peor situación queda o Narón, con seis puntos, pero se consegue encadenar rápido dúas victorias consecutivas ten equipo e calidade suficiente como para manterse na categoría.
No regreso a casa de Dani Carballeira e Marcos Souto pouco que destacar na primera parte, un tiro de falta alto de Bossa nada máis comezar e algunhas internadas perigosas de ambos equipos por banda con centros que se paseaban pola área sen atopar rematador.
Sen embargo o inicio do segundo tempo, cunha chuvia torrencial, foi electrizante polos dous equipos, Arias non consegue rematar un bo centro de banda dereita de Dieguito (49´), e inmediatamente despois o ex-azul Coedo fixo sacar a manopla a Kiko nun balón que se colaba (50´). Tras un tiro de Iván que Marcos rexeitou como puido, marcou Arias tras quedar so e aproveitar o rexeite (56´), pero o colexiado decretou fora de xogo con bo criterio. Apenas un minuto máis tarde nun pase en profundidade e desmarque, o talentoso ex xogador do As Pontes e primo de Iván Helguera, Carlos Mella, picou ante a saída de Kiko, pero o correoso Nano, 14 anos no conxunto naronés, salvou baixo paus.
O encontro continuou sendo un toma e daca, ata que se entrou nos últimos 15 minutos que tantos puntos lle están dando ó As Pontes esta temporada, sendo o ano anterior completamente ó revés.
Tras unha falta a uns 20 metros, Bossa sacou o seu “guante” para situar o 1-0 (77´), e xa nas postrimerías, tras un pase dentro da área de Arias, o naronés David Amado controla e fai o 2-0 definitivo (88´).
Entre tanta baixa e un plantel tan curto, tivo tempo Manolo na segunda parte de sacar ó xuvenil Javi, e a outro rapaz que debutou co primeiro equipo, Marcos Novo.
O colexiado sinalou o final e os ponteses conseguen tres novos puntos, o que lles fai encarar os dous próximos e compricados compromisos ante Pontevedra e Celta B máis relaxados, mentres o Narón segue na parte baixa pero amosou no Poboado que ten plantel e tempo por diante pra estar nunha zona moito máis cómoda.
Pero si, non é un soño, á espera da disputa maña do resto dos encontros, o As Pontes, cun modesto utilitario, situase terceiro con 22 puntos, tan so por detrás de dous vehículos de alta gama, Racing de Ferrol (27) e Celta B (23).
terceira_0001.jpg


2 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Pablo López, Dani, Dieguito (David Amado 72´), Bossa, Sergio Arias (Marcos Novo 90´), Iván González (Javi 78´), Esmorís.
0 NARÓN BP. Marcos Souto, Agustín, Jorge, Xusto, Alberto, Bruno, Luis Coedo, Óscar Rivas (Juanito 28´), Dani Carballeira (Quintana 81´), Mella (Cholo 74´), Marcos Suárez.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde moi fría e chuviosa. Moitos afeccionados visitantes.
Goles: 1-0, Bossa (77´), 2-0, David Amado (88´).
Árbitro: Brea Peón (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Sánchez Rojo e Rodríguez Pernas. Amonestou a Agustín e Bossa.
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
terceira_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios