LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 6 RESIDENCIA DE LUGO 0

[Cortesía de Antón e Xosé Ferreiro] Victoria contundente do equipo locatario na tarde de onte ante o complicado equipo lugués do Residencia que ía situado comodamente na zona media da táboa. Segundo triunfo, tamén por goleada (7-1 ó San Ciprián), dos de Carballo no que vai de temporada o que os alonxa un pouquiño dos postos complicados de abaixo, merecidamente, pois, ó marxe da derrota ante o Caranza, tiveron dúas derrotas pola mínima e dous empates nos que fixeron máis méritos que os rivais.
xuvenil_0001.jpg


No encontro de onte ben comezaban as cousas pra os locais que se adiantaban rápido no marcador, anque se lesionou Ismael Prieto “Palas”, e Gogas, que onte volvía a xogar arriba como nos seus comezos, tivo que retrasar a súa posición ó lateral dereito, e saiu Sergio Criado pra xogar arriba. Pouco tempo despois de inaugurar o marcador chegou o 2-0 co que o encontro, salvo algún que outro sobresalto, foi moito máis placenteiro do que se presupoñía nun principio.
Os goles foron obra do gran dianteiro de Cerdido Javi (foto), que marcou catro, póker para el, o 2-0 un golazo pola escadra nun lanzamento plano desde a esquina da área, e o 6-0 un gran tanto de falta. Tamén marcou Santalla, e o central xuvenil de primeiro ano Marcos Otero que se está lucindo neste comezo no seu debut na categoría e deixa un aroma a selección ferrolana sub17.
Xogaron por parte dos de Carballo, de partida, Julián, Ismael Prieto, Rubén, Fran Prieto “Totti”, Marcos Otero, Beto, Marcos Novo, Dani Villar, Javi, Borja e Gogas. Entrou Sergio por Ismael, por lesión, e no segundo tempo Santalla, Manu e Damián.
O cadro de Carballo, que marcha decimosegundo con oito puntos empatado con Eume e Montañeros B, terá unha complicadísima visita a Santiago a semana que vén onde se enfrontará contra o Compostela, no seu intento de seguir escalando posicións na táboa.
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg

También podría gustarte
Comentarios