LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 3 EF LALÍN 1
Vitoria vital para o As Pontes nunha liga rocambolesca, marcha quinto clasificado, pero de perder hoxe quedaría a tan so tres puntos do descenso, faltando cinco xornadas. Afortunadamente alonxa o descenso en 6 puntos, pero deberá asegurar alomenos un par de vitorias máis para garantir a salvación.
Despois de chegar ó descanso con empate a cero, no 65´ tras un córner ben colgado por Dani Villar anticipase Criado ó porteiro e de cabeza pon o 1-0 no marcador, apenas sete minutos despois vaise Magi e ante a saída do porteiro marca sen contemplacións. O mesmo xogador estivo a piques de marcar un par de minutos antes pero ó seu disparo foi ó lateral da rede. No 78´ nun penalti feito ó propio Dani marca o ferrolán, tras atallar o gardamallas visitante nun principio rebotalle o balón nas costas e acaba o esférico no fondo das mallas. Apenas un minuto despois marcou o número 9 visitante cruzado sen deixar caer o balón axustado ó poste polo que houbo incertidume ata o final pero os azuis souberon manter os tres puntos vitais e sitúanse quintos con 47 puntos, non hai que facerse moitas ilusión porque o Boiro, Bergantiños e Negreira con 41 están en zona de perigo.
Caranza (67) e o Residencia (60) son virtualmente equipos de Liga Nacional, O Val 49, Lugo B 48, As Pontes 47, Orillamar, Lalín, Vilalbés e Fátima 45, Milagrosa 42, Boiro, Bergantiños e Negreira 41, Conxo B 38, e xa case desafiuzados Montañeros B 33, Brexo Lema 27, Viveiro 23 e Eume 9.
Dúas visitas seguidas á Milagrosa e Brexo Lema, para recibir a Vilalbés e Orillamar antes de rematar a Liga en Narón ante o Val. Pendentes de que se poda salvar o Ural ou o Conxo, o certo é que agora mesmo hai seis descensos así que nesta liga rocambolesca hai que tentar de garantir un par de triunfos máis.
Xogaron polos de Carballo, Krikry, Saviola (Darío 83´), Rubén (Jandro 85´), Diego, Esteban, Gonza (Juan 60´), Capela (Adrián 60´), Alex Montero, Javi (Magi 45´), Dani Villar e Sergio Criado.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.