LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES – CD LALÍN (1-1)

As Pontes e Lalín despediron a temporada ligueira cun empate a un gol no derradeiro partido do grupo galego da liga nacional xuvenil disputado na tarde-noite de onte no campo do Poboado ante preto de cen espectadores.
Con todo xa feito na temporada, o encontro era de puro trámite para os dous equipos, que un ano máis militarán na categoría nacional. O partido en si foi soso e aburrido cun As Pontes que non xogou ó ritmo doutros encontros e un Lalín que levou a iniciativa ó longo de todo o encontro
Nada máis sacar de centro adiantáronse os visitantes nun contragolpe pola banda dereita e ante a saída en falso do porteiro local, José Ramón marca para o seu equipo. Xa no minuto 35 Cañizares estableceu o empate nun lanzamento de penalti. Na segunda parte algunha que outra ocasión para os dous equipos, sen embargo os locais puideron gañar o encontro en dúas ocasións que desperdiciou Kilian.
aspontes_lalin_1.jpg


CD AS PONTES: Iván, Antón (Gogas, 50), Carlos, Juan, Toti, Junior (Guille, 80), Cristian (Tara, 34), Xavi, Borja, Cañizares e Fernando (Kilian, 65).
CD LALÍN: Castro, Kanotas, Brian, Sánchez, Yugoi, Joel, Vila (Charly, 70), Pibe, Iker, José Ramón e Matías.
ÁRBITRO: Landrove Lago, de Ferrol.
GOLES: Min. 1 (0-1), José Ramón. Min. 35 (1-1), Cañizares, de penalti.
O Lalín remata a competición en sétima posición con 54 puntos mentres que o As Pontes queda na décimo segunda con 39 puntos, aínda que pode subir un posto se o Cultural Areas non gaña ou empata na Coruña diante dun descendido Montañeros B.
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
aspontes_lalin_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios