LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES 0 CELTA DE VIGO 3

Derrota agardada do equipo xuvenil pontés ante o líder destacado da categoría, o segundo xuvenil do Real Clube Celta de Vigo, varios dos mellores futbolistas galegos de primeiro e segundo ano.
Non fixeron mal partido nin moito menos os discípulos de Carballo, pero os vigueses están un peldaño por riba, e de medio para arriba poden resolver con calquer individualidade e así foi, un gol mediada a primeira metade e outros dous no segundo tempo sentenciaron o partido e os tres puntos.
xuvenil_01.jpg


Sen embargo o Celta non forma parte da “Liga” dos azuis e os ponteses son terceiros pola cola con 21 puntos, a dous da salvación, teñen agora dous partidos moi complicados, visitan ó Sárdoma que loita polo ascenso, e reciben ó Lugo, nembargantes nas seis últimas xornadas o equipo, agás a visita ó Victoria en Coruña, enfrontarase con rivais de perfil máis accesible, recibindo nas últimas fechas a dous rivais directos polo descenso, Alerta Travesas e Colexio Hogar San Roque.
Hoxe Carballo xogou con Julián, Isma Prieto, Alex Cabarcos, Totti, Juan Donapetry, Abeás, Kilian (Isma López 65´), Xabi Pellón, Dani (Marcos 65´), Guille (Juancito 55´), Chungui (Javi 70´).
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios