Amigus
As Pontes

LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES – BERGANTIÑOS FC (1-1)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Pequeno traspés do As Pontes xuvenil ó empatar na casa diante do sempre correoso Bergantiños (1-1) en partido da primeira xornada do grupo galego da liga nacional. Ó longo dos noventa minutos o dominio foi alterno, aínda que con máis intensidade por parte dos ponteses. Os ataques nunha e outra portería foron constantes e nun deles o As Pontes inauguraba o marcador. A segunda parte a tónica do xogo foi semellante, con máis presión por parte dos locais que querían sentenciar o partido. Sen embargo e cando todo facía pensar que o As Pontes lograría os tres puntos, nun contragolpe os carballeses estableceron o empate a un gol, que ó final sería o resultado definitivo.
xuvenil_1.jpg


Carballo aliñou a Marcos, Antón, Carlos, Fran, Toti, Junior, Jandro, Xavi, Cristian, Cañizares e Borja. No segundo tempo entraron Fernando, Kilian e Tara. Na segunda xornada de liga os ponteses xogan en Vilagarcía diante do Arousa SC.
xuvenil_2.jpg
xuvenil_3.jpg
xuvenil_4.jpg
xuvenil_5.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios