BO COMEZO DE LIGA DO EQUIPO INFANTIL: CD AS PONTES – RACING DE FERROL (3-0)

O cadro infantil do CD As Pontes iniciou a liga cunha clara vitoria sobre o Racing de Ferrol, ó que gañou por 3-0. A pesar de seren infantís de primeiro ano, a maoiría deles proceden do alevín que o pasado ano logrou o doblete, os xogadores ponteses pouco a pouco fóronse adaptando ó fútbol once e dominaron amplamente ó conxunto ferrolán.
infantil_1.jpg


Rebolo aliñou de principio a Manolo, Alberto, Álex Pico, Ivan, David, Álex Fernández, Brais Blanco, Ángel, Fornos, David Rey e Nahúm. Despois entraron Ángel (segundo porteiro), Jorge, Brais, Roberto e Arnoso. Brais Blanco marcaría o primeiro gol na primeira parte, o segundo foi en propia meta e Nahúm marcaría o definitivo 3-0, un resultado que puido ser máis amplo, pois os ponteses dispuxeron de claras ocasións para marcar, pero unhas veces os paus e outras o pouco acerto dos atacantes impedírono. Na vindeira xornada o As Pontes xoga no campo do Rápido de Neda.
infantil_2.jpg
infantil_3.jpg
infantil_4.jpg
infantil_5.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios