MARATÓN DE FÚTBOL SALA DAS FESTAS DO CARME 2018

Disputarase na segunda fin de semana de Xullo

Este mes de Xullo celebrarase en As Pontes o tradicional Maratón de Fútbol Sala das Festas do Carme, organizado polo Esteo e o Concello pontés, na Pista de Santa María, na segunda fin de semana de mes.

Haberá tres categorías, Masculino, Veterano e Feminino, requiríndose un mínimo de 6 equipos para cada evento, e o prezo de inscrición é de 100 euros para os primeiros e 50 para o resto, e pódese facer nos teléfonos 679371472 e 687831106.

O torneo terá premios económicos, principalmente de 1200 euros para o primeiro clasificado masculino e 300 para os gañadores das outras categorías.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios