MARATÓN FESTAS DO CARME 2022

Resultaron gañadores o Minueto A, o Rincón do Trini e o Ferven

Tras dous anos de ausencia voltou o Maratón das Festas do Carme. Tras tres intensos días na pista do Colexio Santa María o domingo á tarde disputaronse as tres finais.

Na categoría Feminina, o Ferven da “pontesa” ex Campìona de España sub17 Raquel Rodríguez Ferreiro proclamouse gañador tras un vibrante partido ante Lecar decidido por unha xogada desafortunada no último suspiro que situou o 2-1 definiitivo no mesmo día en que España gañou a súa segunda Eurocopa en Portugal na quenda de penaltis ante o equipo anfitrión.

Nos Veteranos impuxose O Rincón do Trini dos ex xogadores do Esteo Jaime e Jacobo, ao Muebles Eume pontés, con vellos coñecidoa coma Juan, Fran, Púas, Vilasuso ou os irmáns Ferreiro, por un axustado 3-2.

Na final Senior triunfo rotundo (5-1) do Minueto A ante un Solfamidas que prantou cara ante un rival superior. Os Edu, Helder, Renato, Raúl, Manu Mariña ou Cokito foron con diferencia o mellor equipo do torneo.

Ao remate do evento entregaron os diversos trofeos o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás e o presidente do Esteo Fran Fernández.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios