RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGUISMO NA LX TRAVESÍA A RÍA DE FOZ

O pasado sábado día 2 de Xullo celebrouse en Foz a sesentava edición da travesía a ría de Foz. Foron 350 padexeir@as pertencentes a 20 clubes galegos, 6 asturianos e o Helios de Zaragoza os que participaron na clásica travesía mariñana.

32

Nove padexeir@s pontes@s participarón nesta regata sobre a distancia de 12000m e estes foron os seus resultados:

– Celia Duran Iglesias acadou o terceiro posto na categoría k-1 muller xuvenil.
– Inés Domínguez López clasificouse en cuarto lugar na categoría k1 muller xuvenil.
– Inés Roche Serrano logrou o 8º posto na categoría k-1 muller xuvenil.
– Antón García Bellas e Pablo Vispalia Díaz acadaron o 2º lugar en k-2 home xuvenil.
– Lucas López Caaveiro acadou o 11º lugar na categoría k-1 home xuvenil.
– Na catería veterans K-2 Antonio Polo e Bruno Rodríguez acadaron o 2º posto e na categoría veteráns k-1 Ernesto Gancedo Herreras clasificouse en 4º lugar.

Na clasificación xeral por clubes o clube de piragüismo Grupo Xuvenil acadou o 6º posto entre os 27 clubes participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios