Amigus
As Pontes

MEDALLA DE OURO PARA BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA DE 1000 METROS

Sensacional rendemento do palista pontés Borja Prieto, que acadou un ouro en K4 1000 metros, amén de dous meritorios 7º postos en K1 1000 e K2 1000, esta fin de semana.
Con moitas prazas en xogo para o Preolímpico desputouse este sábado e domingo no embalse de Pontillón, en Berducido, Pontevedra, a Copa de España na distancia de 1000 metros.
No K1 1000 Borja estaba exento de palexar a contrareloxo clasificatoria pois estaba entre os 15 cabezas de serie. Xa nas semifinais, na segunda regata, obtivo a terceira praza (3:40:05), por detrás de Javier Hernanz e Alvaro Bravo, un Javier que xunto o tricampión mundial junior Diego Cosgaya loitará no K2 1000 por unha praza olímpica. Xa na final, de moitos quilates, Borja foi séptimo (3:37:38). Gañou Fran Cubelos (3:29:75), gañando praza no Preolímpico, catro décimas por diante de Iñigo Peña, e 73 centésimas por diante de Diego Cosgaya. Máis atrás quedaron Javier Hernanz, Diego Piña, Víctor Rodríguez, Borja Prieto, Hector Cubelos e Álvaro Bravo.
borja.jpg


No K2 1000, na contrareloxo clasificatoria, Borja e o seu compañeiro David Portela do Piraguamadrid calificaron undécimos (3:30:47) nunha proba gañada polos cangueses Germade e o campión olímpico Perucho (3:26:35). Nas semifinais Borja e David foron terceiros na segunda serie (3:24:23), por detrás de Iván Alonso e Óscar Carrera do Tudense e Javier Hernanz e Jaime Blanco do Covadonga. Noutra final de moito talento Borja e David foron séptimos (3:34:06), nunha proba gañada polos irmáns Cubelos, Fran e Héctor, do Talavera, 3:21:28, seguidos de Víctor Rodríguez e Diego Piña, do Tudense, 3:21:46, e terceiros Germade e Perucho do Aldán, 3:23:00.
No K4 1000 xa desputado este domingo, na contrareloxo, o K4 do Piraguamadrid integrado por Borja, Portela, o campión olímpico Saúl Craviotto, e Vicente Jose Tortajada, fixeron o 14º tempo con 3:19:64. Pero xa nas semifinais gañaron a segunda serie (3:07:70) por diante das dúas embarcacións do Tudense, e na final venceron con rotundidade sendo o único kaiak que baixou dos tres minutos, con 2:59:92, sendo segundo o Tudense de Rodríguez, Piña, Alonso, Carrera (3:01:29) e terceiro o Talavera dos tres irmáns Cubelos, Fran, Héctor e Rodrigo, máis Cristian Toro (3:05:12). Por detrás, Oviedo, Sevilla, Labradores, o segundo equipo do Tudense, Candas e Vilaboa.
Tamén participaron outros dous deportistas locais neste K4 1000 metros, o gran Antonio Polo e Alberto Pigueiras, polo Viveiro, xunto ós irmáns Marcos e Javier Illanes. Sensacional posto na contrareloxo na que acabaron séptimos con 3:16:22, anque na segunda serie semifinal, gañada polo Piraguamadrid foron sextos con 3:11:82, a menos de dous segundos e medio de meterse na final. Sen embargo competiron na Final B cun gran rendemento xa que foron segundos, 3:13:12, apenas superados polo cuarteto do Aranjuez en menos de medio segundo, concluindo na 11ª praza final.
Por equipos 57º posto para Viveiro con 22 puntos, 12º para o Piraguamadrid con 189. Gañou Sevilla con 734 puntos, por diante de Tudense 608 e Aranjuez 592.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios