Amigus
As Pontes

COPA GALEGA FEMININA: CD AS PONTES 2 SCD PASTORIZA 0

Gran triunfo do equipo de Salido que o clasifica pra a fase final da Copa Galega.
Comezaron adiantandose as azuis tras un bo lanzamento de falta da central de San Sadurniño Noelia (15´). Casi sentenciaba Yaiza no 38´ cando se desmarcou e bateu por alto de vaselina á porteira rival, pero o cadro coruñés non se daba por vencido e tivo boas oportunidades durante os primeiros 45 minutos, que as veces Leti, e outras a defensa, desbarataban, e morrían nas beiras do gol.
No segundo tempo nos primeiros 5 minutos destacar un tiro de Chipy e un disparo alto de Yaiza, anque foron as rivais as que puideron acurtar distancias no 60´, xa que un rexeite de Leti vai parar ós pes da súa dianteira pero cando está a punto de marcar despexa Noelia a corner.
A saída de Alba Barro serviu de revulsivo no ataque e un bo disparo de Yaiza (78´) con dirección á escadra foi parado pola gardamallas visitante. No 88´ outra atacante rival volvía a quedar soa, e outra vez se anticipa Noelia pra desviar a corner.
feminino_001.jpg


Sen tempo pra máis o As Pontes feminino sumou tres valiosísimos puntos, o que lle garantiza a segunda posición e a clasificación matemática pra a fase final, toda vez que queda un encontro e Tordoia, que pasará como primeiro, ten 13 puntos, por 10 do As Pontes, 6 do Pastoriza, que non pode alcanzar, e Orzán C sen estrear o seu casilleiro.
Precisamente en A Coruña rematará o As Pontes esta liguiña a semana que ven.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Yaiza (Laura Permuy 80´), Mireia (Carmela 83´), Jani, Siliva, Clara (Lía 80´), Chipy (Alba Romero 68´), Andrea, Noelia, Carlota, Carla (Alba Barro 68´).
SCD Pastoriza. Uxía, Fani, Bego, Irene (Manuela 74´), Malani, Alba (Amanda 79´), Natalia, Noa, Noe, Cintia, Vero.
Goles: 1-0, Noelia (15´), 2-0, Yaiza (38´).
Árbitro: David Brito Regadera (Ferrol)
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose, uns 50 espectadores, por mor da maratón de fútbol sala. Mañá moi chuviosa, propia do inverno. Partido correspondente á 5ª xornada da liguiña de Copa.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios