Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 3 VILALONGA CF 1

Tres puntos vitais para o As Pontes, que lle permiten seguir na loita, nun partido sofridísimo, moi ó contrario do que indica o marcador.
Comezou avisando o Vilalonga cun disparo de Denis que non foi moi lonxe da escadra (10´), pero foi no 16´ tras unha boa recuperación de balón de Arias, que pasa a banda esquerda a Iván González, este prolonga ó segundo pau, onde marca Hugo Soto chegando desde atrás.
Pero parecía que o As Pontes ía caer na mesma dinámica que no partido ante o Negreira, pois botouse atrás, e así un gran pase en profundidade do ex do Celta e da selección galega xuvenil, Borja Domínguez, non chega a controlar ben Denis e anticipase Simón (28´), que fixo unha gran estirada ante un tiro de Fran Matos (35´).
No 36´ tras unha boa xogada de Bossa, marca o xogador do Barqueiro Pablo dun forte disparo e con pouco ángulo. Pero o afeccionado pontés este ano está moldeado pra sufrir e apenas dous minutos máis tarde, tras unha serie de rexeites favorables, marcou o ex pontevedrés Denis, tras quedar so ante Simón.
Nos últimos cinco minutos do primeiro tempo o equipo azul pegou un baixón e Simón converteuse en salvador. En posición franca dispara Borja, Simón salva milagrosamente, e aínda no chan incomoda o suficente a Nelo, que a medio metro manda o balón a rentes do pau (41´). Denis queda so, e manda fóra (42´), Borja internase pola dereita, pero Simón sae ben e despexa co corpo (43´). Conseguiuse chegar moi meritoriamente ó descanso con ventaxa.
No segundo tempo o xogo voltouse máis igualado e de dominio alterno, aínda asi os visitantes seguiron levando moito perigo, nun disparo de Anxo desde fora da área despexado por Simón (62´) e sobre todo unha vaselina do goleador Machu que se foi bicando o longueiro (65´).
Algo de respiro chegou ó equipo local cando tras un córner sacado por Bossa co seu guante, Chote cabecea perfectamente ó fondo das mallas (76´). Aínda así, un forte disparo de Nelo dende fóra da área desviouno Simón a córner pouco despois (78´).
A saída de Cañizares serviu de revulsivo e tras un bo disparo seu, Pazos tivo problemas para atallalo (79´). No 89´ Anxo tirou dende fora da área, e o bote xogoulle unha mala pasada a Simón que o balón a piques estivo de entrar. No 90´ non se entenderon ben nun contragolpe Cañizares e Soto e ahí morreu o partido cos tres puntos que permiten seguir soñando coa difícil salvación.
aspontes-vilalonga_01.jpg


Na zona baixa o Negreira ten 40 puntos, Bergantiños 38, Estradense 36, As Pontes 35, Areas 34, Betanzos 33, Lalín 33 e Sanxenxo 27. Complicadísimo calendario o que queda pois son tres encontros fora e un na casa. Quedans 12 puntos por desputar e hai que visitar ó Cerceda e Ordes, recibir ó Bouzas, para acabar a Liga en Carballo contra o Bergantiños. Quedan catro finais e hai que ir a por todas.
CD As Pontes. Simón, Rochela, Dani, Chote, Javi López, Esmorís, Bossa, Iván González (Fernando 72´), Pablo (Kata 87´), Hugo Soto e Sergio Arias (Cañizares 64´).
Vilalonga CF: Pazos, Adrián, Led, Tachi, Pablo, Tenorio (Nando 57´), Denis (Ramón 64´), Nelo, Machu, Borja, Fran Matos (Anxo 45´).
Árbitro: Miguel Perez Cabaleiro. Auxiliado nas bandas por Vázquez Martínez e Andrés Silva. Amonestou a Bossa, Dani e Esmorís.
Goles: 1-0, Hugo Soto (16´), 2-0, Pablo (36´), 2-1, Denis (38´). 3-1, Chote (76´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa por momentos.
Partido correspondente á 34ª xornada.
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
aspontes-vilalonga_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios