Amigus
As Pontes

MEDALLA DE PRATA PARA BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA DE 1000 METROS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta fin de semana o palista pontés Borja Prieto competiu na Copa de España das distancias de 1000 metros disputada no embalse de Pontillón en Verducido (Pontevedra).
Borja competiu nas tres probas , K1, K2 e K4 co seu novo equipo o Real Grupo de Cultura Covadonga, algo mermado polo recenté falecemento da súa avoa materna.
Pola mañá celebrouse o competidísimo K1, no que Borja foi sexto na súa segunda serie semifinal e reservándose para o K2 deixouse levar na Final B acabando na oitava posición. Nunha final A de moitos kilates, venceu o portento talaverán Fran Cubelos, seguido do compañeiro de Borja Javier Hernanz, e terceiro Emilio Llamedo. Cuarto Diego Cosgaya, quinto Óscar Carrera, sexto Diego Piña e séptimo Rodrigo Germade. Estos sete acudirán a Madrid para concentrarse coa selección española.
borja


Xa pola tarde celebrouse a contrareloxo do K2 nas que Borja e o seu compañeiro Hernanz pasaron de séptimos dos 39 kaiaks participantes. Xa nas semifinais pasaron co segundo posto na segunda serie por detrás de Avilés, e na final A competiron moi ben, pero Campo-Millán (Tudense) pola calle 5 lideraron dende o principio e acabaron impoñendose cun tempo de 3:35.170, segundos Borja-Hernanz 3:35.850 e terceiros Aranjuez 3:38.730, outros destacados, cuarto Cosgaya-Alonso, e sexto Portopetro.
Na mañá do domingo disputouse o K-4 e o Covadonga, con Hernanz e Borja, acompañados por Jaime Blanco e Pelayo García foron cuartos na segunda serie semifinal, e quedaron a un paso da Final A, por riba na serie máis complicada na que estiveron os dous Kayak Tudense que foron ouro e prata. Na Final B, nun duelo asturiano foron segundos por detrás do Avilés e por diante do Piraguamadrid. Na Final A ouro para Tudense (Alonso- Campo-Carrera-Piña), prata Tudense (Domínguez-Millán-Rodríguez-Sobrado), bronce Delfines de Ceuta.
O 11-12 de Maio disputarase en Trasona a Copa de España de 200 e 500 metros e xa o 19-20-21 de Xullo en Verducido o Campionato de España.
borja
borja
borja
borja
borja
borja
borja
borja
borja
Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios