Amigus
As Pontes

Mesa sectorial de asociacións

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

EuroEume está a promove-la constitución dunha mesa sectorial de asociacións de toda a comarca do Eume. Este sábado pasado ás 10:00 no local de EuroEume tivo lugar a primeira xuntanza con membros de distintas asociacións de toda a comarca.
Nesta primeira xuntanza plantexáronse as razóns de porqué facer esta mesa e o ‘modus operandi’ da mesma.


A función desta mesa será a de poñer sobre a mesa as problemáticas comúns do movemento asociacionista e tentar de atopar solucións entre todos e/ou solicitalas á institución, empresa ou persoa que proceda en cada caso.
Tamén terá como obxectivo o de promover proxectos a desenvolver en común entre varias asociacións coma o que xa está plantexado de recolle-la memoria musical da comarca.
E principalmente fomenta-la comunicación entre as distintas asociacións, e que haxa un fluxo constante de información dunhas asociacións a outras.
Polo de agora só se fixo unha primeira xuntanza e todo está por verse, pero as intencións e as gañas están ahí.
A vindeira xuntanza será o sábado 29 de novembro ás 12:00 horas na Capela. Os representantes de asociacións que queiran asistir poden facelo contactando con EuroEume no teléfono 981 440 668. Serán todos benvidos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios