MIGUEL ALVARIÑO, CAMPIÓN DE ESPAÑA EN MADRID

Xunto a Dani Castro foi tamén bronce por equipos

Sigue en gran estado de forma o arqueiro pontés Miguel Alvariño García pois este domingo na Comunidade madrileña proclamouse Campión de España Absoluto.

Xa fora Maikel segundo nas tiradas previas con 656 puntos, e logo foi vencendo sucesivamente ao andaluz Manuel Guerra (7-1), o madrileño Javier Mérida (6-0), e ao seu compañeiro de selección, o gran burgalés Pablo Acha (7-3).

Nas semifinais deste domingo gañou 6-0 ao aragonés Francho Rufas, e na gran final a Andrés Temiño, da mesma rexión, polo tanteo de 6-2, tras remontar o primeiro set e gañar os tres seguintes por un so punto.

Un gran rival que xa fora o mellor nas tiradas previas, con 658 puntos, e entre outros deixou en semifinais a Ken Sánchez, plata por equipos con Maikel a semana pasada en Colombia.

Precisamente por equipos, con Miguel, Dani Castro, e Pablo Filgueira, gañou Galicia 6-0 á gran rexión asturiana, caendo despois nas semifinais por un apretado 3-5 ante Aragón, resarcindose na loita polo bronce con outro 6-0 a Castela León, con ouro para os locatarios.

Por equipos mixtos, Miguel e Laura García gañaron a Navarra 6-0 caendo en cuartos ante Andalucía polo mesmo tanteo, nunha proba gañada polo País Vasco.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto RFETA.

También podría gustarte
Comentarios