A xogadora pontesa Malena Mieres García ven de fichar esta semana polo Real Betis feminino ata xuño de 2024.
A porteira de 22 anos, tras unha campaña no Friol, tres no Deportivo e outras tres no Eibar, as dúas últimas na máxima categoría, cun total de 36 partidos ligueiros disputados, marcha a terras andaluzas.
Compartirá portería coa veterana porteira suiza Gaelle Thallmann, con experiencia na Liga alemana, italiana e suiza, e a colombiana Catalina Pérez, que xogou varios anos en Estados Unidos e tamén na liga transalpina.
O conxunto bético, creado en 2011, disputa nesta 2022-23 a súa sétima campaña na Primeira División do fútbol feminino.
Malena xa debutou incluso onte nun partido amistoso en terras portuguesas ante o Sporting de Lisboa (2-1).
Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Real Betis Femenino