MIGUEL ALVARIÑO QUEDA A UN PASO DO PODIO EN NOTTINGHAM

España queda na cuarta praza sendo o único metal o bronce obtido por Andrea Marcos e Alberto Blázquez en Composto misto

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García quedou este domingo coa mel nos beizos. Desputaba cos seus compañeiros de selección, Miguel A. Pifarre e Juan I. Rodríguez a medalla de bronce do Europeo que durante esta semana se levou a cabo na localidade inglesa de Nottingham.

Tras gañar a Finlandia (5-1), Suiza (5-4), e perder con Rusia (4-5), loitaban con Bélxica pola última praza do podio. O equipo belga foi a sorpresa do torneo ó conseguir alcanzar as semifinais, a pesar de facelo coa decimosexta mellor marca, a última das que daba acceso á fase final.

Adiantáronse os españois 2-0 (54-50), aínda que dous sets consecutivos dos seus rivais, 52-53 y 51-53, poñían o 2-4 no tanteador, pero España encargábase de empatar tras outro 54-50. Con 4-4 acudiuse ás frechas de desempate e os belgas lograron un 25-28 para establecer o 4-5 definitivo.

Curiosamente integraba o conxunto adversario, Robin Ramaekers, que fora o gañador no Mundial Junior de China que disputou Miguel fai tres años.

Na proba individual, Alvariño perdera na terceira rolda ante o xove turco de 16 anos Mete Gazoz, que alcanzou a prata, tras caer na final ante o francés Valladont, primeiro da previa.
Anteriormente ó Europeo, xa se desputara a cita de China, e a de Colombia, na que Miguel consiguira unha prata e un bronce. A próxima proba da Copa do Mundo celebrarase a mediados de Xuño en Antalya, no que será a antesala da cita de Río. Precisamente neste Europeo poñíanse en liza as últimas prazas europeas olímpicas, e a delegación española non conseguía clasificar a ningunha integrante no cadro feminino.

No conxunto masculino parecen claros Alvariño e Rodríguez, e pola terceira praza loitarína a día de hoxe Pifarre e Antonio Fernández.

En Composto mixto, Andrea Marcos, e Alberto Blázquez, madrileño do Arco Narón, alcanzaron o bronce, tras acabar por detrás de Italia e Eslovenia, dando a España a súa única medalla neste Europeo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios