Miguel Alvariño vence en O Barco na categoría sénior

Unha vez máis, o xuvenil do Clube Sílex Miguel Alvariño, consegue vencer na categoría de arco recurvo sénior home. Tras unha ronda clasificatoria de moi bo nivel (285 e 289 para un total de 574 puntos) na que rematou primeiro con 15 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, pasou a semifináis. Nesa eliminatoria tívose que enfrontar ao arqueiro zamorano Ramiro Portales, a quen venceu por un contundente 6-0. Na final do VII Trofeo ArcoBarco mediuse con arqueiro local José Manuel Fernández. Tiveron que chegar ata o cuarto set para que o resultado dera como vencedor ao pontés por un tanteo de 7-1. Cabe destacar que Miguel, coa puntuación obtida nas rondas clasificatorias deste torneo coma no Trofeo San Froilán celebrado o 30 de setembro ten xa a media necesaria para asistir ao Campionato de España de Sala Absoluto subvencionado pola FGTA.
silex_1.jpg


A este torneo tamén asistiron outros arqueiros do clube pontés. Foi o caso de Xaquín Mira en arco composto sénior home, que facía aparición de novo en competición pero nunha modalidade nova para el. Tivo unha boa actuación na primeira ronda sumando 288 puntos que o colocaban 4º, pero os 279 puntos da segunda ronda o relegaron a un 5º posto que non lle deu opción a loitar polo título. Un bo resultado dado o pouco tempo que leva este arqueiro, internacional en arco recurvo, nesta modalidade.
Na categoría cadete home, Daniel Castro participaba coa intención de achegarse máis ao arqueiro galego que nesta categoría está máis acertado nesta tempada, o chairego Mihai Poetelea. Unha boa primeira ronda colocábao segundo, pero os erros na segunda fixeron peligrar ese posto, rematando con un só punto de vantaxe sobre o terceiro clasificado. Cristina Castro polo seu lado, asistíu como cadete muller (sendo aínda infantil) e logrou unha moi boa actuación. Con 220 e 227 puntos, acadou a terceira praza final, o que lle da confianza de cara ás competicións nas que poida participar na súa categoría como son o Trofeo Federación e o Campionato Galego Infantil.
Na categoría de arco recurvo sénior home participaba tamén Carlos Romero, fixo unha boa primeira ronda na que con 278 puntos se situaba 3º. Pero uns problemas ao principio da segunda facían que perdera bastantes puntos e rematara cun total de 533. Pasaba así a terminar o torneo no noveno posto.
silex_2.jpg
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios