Millóns de celulares ‘xubilados’ poderían representar un risco ambiental

Lendo iblnews.com:
“Se as prediccións se cumpren, millóns de teléfonos celulares quedarán fora de circulación a partires de novembro cando cobre vixencia en Estados Unidos a nova regulación que permite conserva-lo número de celular ó cambiar de proveedor.
Mentras que moitos aparatos posiblemente rematen os seus días olvidados nun caixón do escritorio, millóns poderían rematar en vertedeiros municipais, contaminando o solo con elementos químicos e metais tóxicos, segundo informou AP.”…


…”Moitos teléfonos vellos son reciclados a traveso de programas de doación que axudan a organizacións de caridade, pero é unha pequena fracción dos preto de 100 millóns de aparatos que se xubilan cada ano en Estados Unidos, segundo estimacións da agrupación de investigación ambiental Inform Inc.
Espérase que a nova regulación, que entrará en vixencia o 24 de novembro e permitirá ós usuarios trocar de proveedor de servicios inalámbricos sen ter que adquirir un novo número, redundará en que uns 30 millóns de persoas cambien de proveedor dentro do vindeiro ano.
Quen o faiga, precisará adquirir un novo aparato xa que aínda os proveedores que utilizan a mesma tecnoloxía empregan distintos modos de codificación.”…
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios