Nace Fundetec, unha entidade destinada a combatela fenda dixital en España

Lendo codigocero.com:
“O privado e o público xúntanse unha vez máis para fomentar o uso das novas tecnoloxías da información nun país en ocasións necesitado delas, España. Desta vez, unen as súas forzas Red.es, El Corte Inglés, HP, Intel, Microsoft e Telefónica coa fin de promover Fundetec, unha fundación presentada hoxe venres 15 que nace co obxectivo de traballar a prol da alfabetización dixital e da presenza de Internet nas empresas (formación dos empregados) e nos fogares.”…


…”Trátase dunha entidade de carácter aberto que, como tal, non se pecha á incorporación de novas empresas e apoios. A fundación, que se crea cun presuposto inicial de 5 millóns de euros, financiados de xeito compartido entre Red.es (50%), que representa a parte pública do proxecto, e os restantes cofundadores.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios