Nace ideaAsPontes, un proxecto de participación pública orientado á consulta cidadá para o PXOM das Pontes

O próximo martes 9 de xullo, na Casa Dopeso, terá lugar a presentación e arranque oficial dun proxecto que ten como obxectivo traballar ao longo do ano coa veciñanza pontesa para a definición do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
ideaAsPontes, aporta a túa idea é o slogan do proxecto de participación cidadá que será presentado, nun acto de portas abertas, o próximo martes 9 de xullo as 19:30 horas na Casa da Cultura. Contará coa presencia do Concelleiro de Urbanismo das Pontes, Antonio Alonso, que xunto co equipo de urbanistas Jornet Llop Pastor Arquitectes, que están a redactar o planeamento municipal, xunto co persoal especialista en participación da empresa Deloga, a cargo do desenvolvemento e coordinación do proxecto, amosarán as distintas actividades nas que se traballará coa cidadanía en relación a mellora e ordenación do territorio, en definitiva, ao futuro do seu concello.
Esta programación, prevista para o longo do ano, continuará o proceso iniciado coas Asambleas Veciñais xa realizadas, co obxectivo de fomentar o diálogo e a implicación activa dos veciños e veciñas do concello. Como se dará a coñecer na presentación, a súa participación concretarase por medio do desenvolvemento de distintas actividades, -Obradoiros temáticos en todas as parroquias e barrios, actividades nas escolas, proxectos audiovisuais, concursos, etc.- e mesmo por medio dunha enquisa online a que se poderá acceder a través da páxina web do proxecto, ideaaspontes.com.
ideas_aspontes.jpg


Será nesa mesma páxina web, así como a través dos perfís creados en Facebook e Twitter (ideaaspontes), onde a partir dese mesmo día, poderase visualizar a curta audiovisual de presentación do proxecto, gravada na vila hai unhas semanas, así como consultar unha información máis detallada e actualizada sobre as devanditas actividades, e achegar calquera suxerencia ou comentario á dirección de correo electrónico participaen@ideaaspontes.com
O antedito equipo redactor Jornet Llop Pastor Arquitectes, está a cargo da actualización da ordenación municipal, de 27 anos de antigüedade. Actualmente atópase no término da primeira fase de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, consistente no diagnóstico e definición de liñas estratéxicas.
+ información en ideaaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios