Amigus
As Pontes

NADAL CULTURAL 2006/2007

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Novas RTVi As pontes] A programación de Nadal das Pontes comezará este mesmo sábado, día 15, coa decoración da sala infantil da biblioteca. Están convidados a axudar os socios da biblioteca menores de 10 anos. O traballo comezará ás once da mañá. A partir das seis da tarde celébrase no Alovi a IV Mostra de Bandas de Gaitas Donaire e maila Banda de Gaitas da Escola Municipal das Pontes. Ademais, nesta mesma fin de semana, Cáritas organiza un bingo solidario no Mercado Vello.


Na programación de Cine atopamos para esta fin de semana a película “O Vento que axita a Cebada” e “A Idade do Xeo”.
O vindeiro xoves, día 21 de decembro, haberá un concerto de música antiga. O recital terá como escenario o Cine Alovi dende as sete da tarde, e o venres as Escolas Municipais de Baile Moderno e Danza Clásica ofrecerán o festival de Nadal. Ese mesmo día temos un concerto de panxoliñas, coas cantareiras de Alende, a Coral Endesa e a Rondalla Vila das POntes.
A partir do día 26 haberá todalas tardes obradoiros de nadal para os máis pequenos. Tamén para eles están pensadas as representacións do Libro Máxico, con Migallas Teatro, o concerto do grupo Mama Cabra, e tamén o espectáculo de maxia e animación Chrystian Magic, e o espectáculo circense a Cadeira Voadora

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios