Diana Varela, gañadora do Premio de Poesía Uxío Novoneyra

[Novas RTVi As pontes] Este martes fallouse a cuarta edición do premio de poesía Uxío Novoneyra. E logo de tres edicións con gañadores masculinos, na cuarta foi finalmente unha muller quen se levou o galardón e os cinco mil euros cós que está dotado.


Diana Varela Puñal, avogada, de 25 anos e natural de Corme, engádese ao listado dos gañadores deste certame.
O xurado estivo formado por: Suso pensado, gañador da edición anterior; e por Eduardo Estévez, e Baldo Ramos, ambos poetas. O primeiro deles é o monitor do obradoiro de escrita que se imparte nas Pontes. Nesta ocasión presentárase un total de 14 poemarios, procedentes de Galicia.
E o gañador foi o titulado “Xardín de Palabras”, do que é autora como diciamos Diana Varela Puñal. Esta muller, de 25 anos, traballa actualmente na Coruña como avogada, aínda que é natural da vila de Corme, na costa da Morte.
Por certo que este ano está en plena racha, xa que ata agora nunca presentara ningún traballo a certames como o das Pontes. Pero neste 2006 xa conseguíu outro galardón, o Premio de Poesía Díaz Xácome, convocado polo concelo de Mondoñedo. É todo un pleno de acertos, xa que estes dous concellos foron os únicos aos que enviou traballos para concursar.
Pero Diana leva mergullada na poesía toda a vida. Primeiro como ávida lectora, especialmente dos autores galegos como o propio Uxío Novoneyra, Rosalía de Castro, Pimentel e os da xeración do 27. Pero ao mesmo tempo escribindo cousas íntimas, que nunca chegaron a ve-la luz.
Pero este ano decidíuse por fin a sacar do caixón os seus versos, e logo de enviar un primeiro poemario a Mondoñedo, un amigo pasoulle as bases do concurso das Pontes. En ambos acadaba galardón.
“Xardín de Palabras”, o poemario gañador do certame pontés, é un traballo que estaba xa practicamente feito, aínd que non rematado. Significa unha recolleita de experiencias e sensacións de toda a súa vida, dende os recordos da infancia, o amor e o desamor a outras ideas íntimas.
O premio entregarase oficialmente o días 2 de febreiro.
Anteriores gañadores:
1ª edición: Xosé Vázquez Pintor.
2º : Daniel Salgado.
3º: Suso Pensado.
4º: Diana Varela Puñal.

También podría gustarte
Comentarios