Non se ve a primeira cadea de TVE

Retevisión desconectou onte o sinal da banda de VHF, a través do que moitos
fogares da vila recibían a Primeira de TVE. O resultado obvio foi o de que
desde esta mañá algúns veciños non reciben esta canle.
Para soluciona-lo problema abonda con resintoniza-los televisores dándolles
á busca automática de canles ata que apareza TVE-1.


Nos últimos meses a cadea estatal estivo emitindo simultaneamente na banda
de VHF (canle 8) e na de UHF (canle 52) para darnos tempo de adaptarnos á xa
anunciada eliminación do VHF.
A eliminación definitiva na nosa zona chegou onte cando, sen previo aviso,
Retevisión “baixou o machete” do VHF para a teledifusión analóxica
herziana.
Desta maneira, tódalas canles de televisión que se reciben en As Pontes
están xa en UHF, incluída a Primeira.
Entón, o dito, hai que resintoniza-lo televisor…e se aínda así non damos
atopado TVE-1 teremos que chamar ó antenista xa que moitas vivendas con
antenas comunitarias teñen aínda módulos de recepción desta canle únicamente
en VHF. Se é así, hai que cambia-lo módulo correspondente.
Cortesía de RTVi As Pontes

También podría gustarte
Comentarios