Norm Maxwell en As Pontes

As Pontes recibíu o venres a visita dun do míticos All Blacks, a selección de Nova Zelanda de rugby, na que Norm Maxwell figurou ata en 36 ocasións.
Na recepción oficial que se lle facía no concello, Maxwell salientou o labor desenvolvido polo Fendetestas na promoción deste deporte nunha pequena vila na que entende que é moi difícil manter a infraestructura que o rugby requere durante 25 anos consecutivos, e dixo alegrarse de coñecer a realidade dun dos clubes históricos galegos.
Comentou dirixíndose ós responsables do Fendetestas a súa satisfacción por atoparse con eses clubes humildes que supoñen unha volta ás orixes. Sinalaba que o profesionalismo ten convertido ó rugby nalgo más frío, todo es un negocio. Dicía que en As Pontes atopárase con que dende o primeiro ó último dos que forman o clube son xente de rugby e implicada en sacar adiante o seu proxecto.
Dende o Concello, a responsable de Turismo, Ana Pena, agradeceu a sua vista á nosa vila e o respaldo que con ela se dá ó clube da localidade.
Antes da recepción oficial no salón de plenos Norm Maxwell acompañou aos nenos e nenas que teñen o rugby como actividade extraescolar no Colexio Santa María, e compartíu uns exercizos con eles.
Logo aínda tivo tempo de visitar as instalacións de Monte Medulio e as do Poboado e coñecer un pouco a vila.
Para rematar dirixíu un adestramento do clube no que estiveron os equipos senior masculino e feminino e os integrantes da escola. Aproveitou a sua despedida para dirixir unha verbas ós compeñentes do clube pontés, ós que felicitou pola implicación que atopou en todos os estamentos, dicíndolles que se ía encantado de ter podido participar da familiaridade que atopara nesta visita, e amosou o seu interese a repetir a experiencia.
rugbi_0001.jpg


rugbi_0001.jpg
rugbi_0001.jpg
rugbi_0001.jpg
rugbi_0001.jpg
rugbi_0001.jpg
rugbi_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Cendán

También podría gustarte
Comentarios