Nota de prensa Asociación ANPAS Abrente: Supresión BAC no Castro da UZ

A Coordinadora de ANPAS Abrente é un órgano onde están representadas todas as ANPAS do Concello de As Pontes, representamos pois á inmensa maioría dos pais e nais dos alumnos que cursan calquer ciclo educativo nesta vila.

A Coordinadora de ANPAS Abrente é un órgano onde están representadas todas as ANPAS do Concello de As Pontes, representamos pois á inmensa maioría dos pais e nais dos alumnos que cursan calquer ciclo educativo nesta vila.

Ante o desenrolo dos feitos que concernen á supresión imposta pola Consellería de Educación do BAC no IES Castro da Uz e ao mutismo que ás nosas peticións recibimos por parte da Xunta de Galicia expoñemos:

  • Non admitimos como válidos os argumentos esgrimidos pola Consellería de Educación para proceder ao peche do BAC no IES Castro da Uz: nin en criterios de eficiencia económica, nin en criterios de eficiencia educativa… a explicación que nos ofreceu a inspectora basada na maior probabilidade de acceso ás asignaturas optativas de 1º de BAC unificando o Bacharelato nun dos dous centros cae polo seu propio peso no momento en que se recoñece que “prácticamente ningún centro de Galicia pode ofrecer o conxunto de materias que se recollen no programa” e é algo máis que habitual que os alumnos teñan que optar finalmente por asignaturas que non requerían. Non poñamos pois como desculpa a base, porque a base está mal para todos.
  • Esiximos o noso dereito a elixir, a ter a opción de decidir o centro que mellor nos conveña para a Educación dos nosos fillos, xa que o número de alumnado previsto entra dentro dos ratios mínimos esixidos para a continuidade dos dous centros.
  • Esiximos unha resposta xa da Concellería de Educación ás diferentes peticións que se fixeron despois da celebración do CEM: queremos que se nos escoite e se nos atenda en prazo para poder abrir o prazo de matrícula no IES Castro da Uz, de non ser así non descartamos movilizacións.

Queremos tamén concienciar e facer partícipes a toda a vila de As Pontes: decisións unilaterais desta natureza afectan a todos, absolutamente a todos, e son unha merma máis na oferta de servizos no noso pobo.

 

También podría gustarte
Comentarios