Este xoves día 4 de Maio, na Casa Dopeso, ás 20h, temos unha charla informativa, sobre a problemática do “Catastrazo”. Esta charla é continuadora, das outras dúas que convocamos a semana pasada en O Freixo e A Faeira.
Nesta charla do mércores, teremos como convidado a Eduardo Álvarez, avogado, e experto no tema.
Desde o BNG de As Pontes, queremos facer constar a nosa repulsa ante este “novo” ataque do PP ao rural galego. Leis que din perseguir a fraude fiscal, pero que se fan só con carácter recaudatorio, asfixiando as nosas veciñas e veciños, que ademáis de ter que que pagar unha inxusta taxa polo traballo desenvolvido pola Dirección General del Catastro, verán como se incrementa o pago de impostos municipáis como o IBI, (que tamén pagarán con carácter retroactivo), sen recibir, por parte do governo municipal do Psoe, información ao respeito.
Neste acto, ademáis informaremos da moción que imos apresentar o BNG-AA de As Pontes, no Pleno do 5 de Maio, ao respeito do “Catastrazo”, e das medidas que se deben tomar desde o goberno municipal.