XORNADA DA HISTORIA DA SOCIEDADE DEPORTIVA ROUPAR

O vindeiro sábado, 28 de maio, celebrarase no campo Novo da veciña parroquia de Roupar unha xornada de convivencia na que se lembrará a historia deste Club, que conta con máis de oitenta anos de vida, pois foi creado no ano 1932 co curioso nome de Afición Club Rouparés, sendo referendados os seus estatutos no Goberno Civil de Lugo con data 26 de abril do seguinte ano.

O vindeiro sábado, 28 de maio, celebrarase no campo Novo da veciña parroquia de Roupar unha xornada de convivencia na que se lembrará a historia deste Club, que conta con máis de oitenta anos de vida, pois foi creado no ano 1932 co curioso nome de Afición Club Rouparés, sendo referendados os seus estatutos no Goberno Civil de Lugo con data 26 de abril do seguinte ano.

Nesta xornada de convivencia de antigos e actuais membros desta emblemática sociedade deportiva rouparesa haberá encontros de fútbol, exposición de fotografías e un xantar, para rematar con animación musical. Os actos comezarán ás once da mañá e continuarán ó longo do día (ver cartel nesta crónica).

UN REPASO Á HISTORIA DO “AFICIÓN CLUB ROUPARÉS”

Poucos clubs contan con documentos da súa creación e o actual Roupar é un deles. Segundo a acta de 18 de novembro de 1932, naceu o Afición Club Rouparés, con sede social no local de “Hijos de Roupar” e en xaneiro de 1933 realizouse a primeira xuntanza de asociados para a elección de xunta directiva conforme ó regulamento da sociedade Afición Club Rouparés aprobado polo Goberno Civil de Lugo, sendo nomeado presidente o da comisión organizadora da sociedade, Benito López García; Jesús Pardo Pernas como vicepresidente; secretario, Manuel Pardo Agras; vicesecretario Tomás Lista Blanco; tesoureiro, Silvestre Pardo García; vicetesoureiro, Marcelino Pernas Ferreiro, e como vocais, Fermin López, Modesto Pernas Ferreiro, Arturo Roca Romero, Jesús Vérez, Modesto López e Antonio Pernas López.

Manuel Pardo, o secretario do club, reflictiu na primeira acta os pormenores da creación do Club e nun paragrafo sinalaba “…el señor presidente con facilidad y elocuencia explica minuciosamente la labor realizada por la comisión organizadora, artículo por artículo, el reglamento de la Sociedad, el ideal que la misma persigue, clasificación de socios y los derechos y deberes de cada uno de ellos. Y termina manifestando con una fácil expresión lo que representa la nueva sociedad que acaba de constituirse y como debemos emplear nuestros mayores esfuerzos y abnegación para conseguir que el nombre de la misma se eleve a la altura de otras muchas de su género. Y haciendo una verdadera demostración de altruísmo hacia la joben sociedad hace un apreciable donativo de cinco volumenes dedicados a la biblioteca de la sociedad, que según los estatutos de la misma creará tan pronto como los fondos sociales lo permitan”. A sesión rematou ás tres do serán de dito día.

Noutra acta, de 25 de maio de 1933, en sesión extraordinaria decidiuse “acordar la aceptación del reto lanzado por el “Sin Pena F.C. Villalba” contra el equipo de esta Sociedad para un partido amistoso que se celebrará el próximo domingo en Roupar…. Asimismo se acordó hacer baile a la terminación del partido y que el precio del billete de entrada sea de sesenta céntimos para caballero, excluyendo a los acompañantes del equipo visitante y los socios de esta sociedad que será gratuita”.

En actas sucesivas hai curiosas decisións, como a que “se acordó que cada jugador pague de su peculio particular el uniforme o sea la camiseta y que la sociedad pague o abone el importe de dos camisetas de repuesto”

O Rouparés daquel entón sufragaba gastos con “veladas” (bailes) que celebraban no local social e disputaba encontros amigables contra equipos de parroquias veciñas, como o L.B. de Lousada, Lanzós, Vilalba, Santaballa, Noche, As Pontes, etc. Noutra xuntanza “…se habla de un recto a el equipo de Puentes para el día treinta… Se dice que el balón se extravió sin que se sepa quien lo ha dejado abandonado. Se acuerda traer otro balón… Se habla de hacer el campo para jugar, pues el actual no sirve y se acuerda hacerlo en el monte de los Barreiros, siempre que los dueños del monte lo permitan”.

O 9 de maio de 1936 nunha reunión extraordinaria “… para tratar sobre la música del salón que están la mayoría de acuerdo para traer los Rivadeumes los días 13 y cobrar 10 céntimos de entrada a los socios”, asunto del que se encargó Fermín López.… el Sr. Presidente presentó un candil de carburo que había en demanda para esta sociedad…” .

Hai constancia de actas posteriores á Guerra Civil dos anos corenta e cincuenta. Nalgunha acórdase participar no campionato comarcal organizado polo Racing Club Vilalbés. Noutra de 27 de febreiro de 1957 decidiuse “traer a jugar el día 28 de marzo al equipo de Lanzós “J.C. Deportiva (Cotelo)”.. Celebrar baile ese mismo día a beneficio de los socios y que la orquesta que actuaría en el baile sería la Mallorca…”

Tódalas actas están asinadas polo secretario e o presidente do Club con selo do mesmo e da Administración de Rentas Públicas de Lugo.

O Rouparés disputaba partidos amigables e participaba no campionato comarcal. Hai un artigo do “Castillo para la Juventud Deportiva”, de Vilalba, do 8 de abril de 1950, no que se fai eco do título gañado polo Club Rouparés ante o Santaballa. Esta final disputouse no campo de “El Castillo” (que debía estar ó lado do castelo, hoxe Parador) “con gran cantidad de público, aunque la tarde se presentó ligeramente lluviosa…”. Ó final triunfo do Rouparés por 2-1 con goles de Enrique e Cela, e por parte do Santaballa anotou Manolín de penalti. O Rouparés aliñou a Acuña, Paisano, Antonio, Narciso, Edelmiro, Fernández, Prieto I, Latorre, Enrique, Prieto II e Cela; mentres que Santaballa sacou a Paz, Victoriano, Chispa, Basilio, Benigno, Jaime, Alfonso, Cillero, Manolín, Curbel e Abel.

Este campionato comarcal tiña o seu propio regulamento e actas de cada partido, así como os xogadores a súa ficha. Na tempada 1956/57 figuraban no Rouparés Manuel Prieto, José Pernas, Luis Paredes, Jesús Prieto, Manuel Otero, Antonio Cao (que logo estivo no Calvo Sotelo), Porfirio Cabarcos, Sergio Balsa, Celso Maltrana (que tamén estivo no Puentes e no Calvo Sotelo), Jesús Raúl Prieto, Andrés Varela “Siso” (que estivo no Puentes), Jesús Castro “Cayetano I”, Francisco Pernas, Carlos Seco e José Ramudo.

NACE A SOCIEDADE DEPORTIVA ROUPAR

O ímpeto e forza das primeiras décadas foi esmorecendo nas seguintes, en gran parte pola aparición da televisión e outras actividades sociais deses anos, ata chegar a principios dos anos oitenta, no que volve a rexurdir un equipo nesta emblemática parroquia do concello de Xermade coa creación da Sociedade Deportiva Club Roupar.
É curioso cun concello rural e non moi poboado (apenas 2.000 habitantes, Roupar, 330) como Xermade conte con máis equipos federados, xa que á SDC Roupar hai que engadir ó Cabreiros, Xermade, en Segunda Autonómica, e Momán e Cazás, na Terceira.

Pero, todo o contrario do Rouparés, deste Club Roupar non hai un arquivo de datos e información da sociedade, un feito moi común en moitos Clubs.

Segundo información recibida, militou sempre entre a Primeira Rexional e a Terceira, estando a meirande parte na Segunda Rexional. En Primeira estivo en dúas etapas, a primeira nos anos noventa do pasado século e a segunda na tempada 2004/05. Así mesmo foi campión do Copa Deputación de Lugo no ano 1994 e subcampión en 1986. Foi campión de liga de Segunda e Terceira Rexionais en varias ocasións.

Na presente campaña rematou a liga do grupo norte de Lugo de Terceira Autonómica na oitava posición con 34 puntos, 9 partidos gañados, 7 empatados e 10 derrotas, con 33 goles a favor e 34 en contra.

Roupar, 2 de Maio de 2016 (AF)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios