Amigus
As Pontes

Nota de prensa XP@P: Xunt@s por As Pontes alerta do deterioro da atención sanitaria na nosa vila.

Nos últimos meses advertimos un deterioro na atención sanitaria pública da nosa vila, do que temos coñecemento de xeito directo e a través tamén de moitos veciños e veciñas que se achegan ata a nosa plataforma.

Nos últimos meses advertimos un deterioro na atención sanitaria pública da nosa vila, do que temos coñecemento de xeito directo e a través tamén de moitos veciños e veciñas que se achegan ata a nosa plataforma.

Un dos principais problemas é que as baixas dos profesionais non son cubertas de xeito sistemático, o que produce que, a pesares da dilixencia dos demais facultativos:

1.- aumenten os tempos de espera ata niveis alarmantes, con citas que se dan entre 15 ou 20 días despois de ser solicitadas;

2.- se comprometa a seguridade dos pacientes, pois a rotación continua dos médicos impide que se faga un seguimento axeitado e efectivo das enfermidades;

3.- se dilaten no tempo as análises, necesarias na prevención e seguimento de moitas enfermidades;

4.- se obrigue á veciñanza a acudir ao centro de referencia comarcal (en Ferrol) para ser atendidos no servizo de urxencias.

Outro dos problemas é a supresión de prazas, como a de xinecoloxía, que se converte en medicina especializada para as mulleres da nosa vila, obrigándoas a desprazarse ata Ferrol ou a acudir a profesionais privados.

Dende Xunt@s por As Pontes decidimos poñer en coñecemento dos responsables da área sanitaria no Concello esta situación na que se atopa o centro de atención primaria do noso municipio.

Valoramos tamén a posibilidade de adoptar medidas de presión ante os órganos correspondentes se non se atende o servizo de xeito efectivo e eficiente nos vindeiros días.

As Pontes, 16 de novembro de 2016

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios