Nota de Prensa BNG: O BNG DEIXOU MÁIS DE 2’5 MILLÓNS DE EUROS AO NOVO GOBERNO PONTÉS.

Enviado por: Fco. da Silva Bello
No Pleno Ordinario celebrado o pasado xoves, o Concelleiro-Delegado de Xestión Orzamentaria, Patrimonio, Administración e Persoal, diante das preguntas do Concelleiro nacionalista Moncho Gato, reconocía que a xestión do anterior Goberno do BNG lles deixara unha herdanza económica de máis de 2’5 millóns de euros, que estaban, a data 15 de xuño, como fondos líquidos en Caixas e/ou Bancos, e case 0’6 millóns estaban pendentes de decidir o seu destino. O Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Patrimonio, Administración e Persoal afirmou estar traballando nun plano para gastalos, mentras que a intención do BNG e que se discutan, con anterioridade, as necesidades e demandas na Comisión Informativa correspondente.


O anterior Goberno nacionalista tamén foi quen de facer pagos correspondentes a obras, subministros, servizos e expropiacións por valor de 1’8 millóns de euros no período posterior ás eleccións municipais, diminuindo a débeda do Concello, actuación que foi criticada polo Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Patrimonio, Administración e Persoal, evidenciando o cambio de actitude do PSOE pontés que, cando era oposición, pedía que se pagaran, e sementando unha sombra de incertidume sobre o procedemento que seguirá o PSOE para facer pagos.
Na mesma sesión Plenaria, o portavoz nacionalista Xaime Castro ofreceu a total colaboración e apoio do BNG para rematar cos feitos de vandalismo que se están a producir, pedindo que tamén se incluira o “vandalismo político”, do que aínda existen sinais en propiedades dos Concelleir@s do BNG, e que é máis doado de controlar polo Alcalde.

También podría gustarte
Comentarios