Nota de prensa CxG: PERIGOSO RETRASO NA POSTA EN MARCHA DA BRIGADA MUNICIPAL CONTRAINCENDIOS NAS PONTES

A loita contra o lume resulta esencial en Galiza para que non se repitan situación tan perigosas como as que tivemos que vivir no pasado. Este ano a Xunta de Galicia decide recuperar o sistema de brigadas municipais. Segundo figura no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) para o ano 2013 o dispositivo vai estar formado, no período de maior risco, por un total de 5.708 persoas, das que 2.629, máis do 40%, van proceder de “concellos, parques comarcais e municipais”. Conpromiso por Galicia considera que a volta ao sistema de brigadas municipais é un atraso que dificulta a coordinación e a profesionalización do servizo e que obriga aos concellos a asumir máis responsabilidades sen os medios necesarios.
Tal e como afirmou o alcalde das Pontes no pleno extraordinario do 26 de xuño e reiterou no pleno ordinario do 4 de xullo, o Concello das Pontes contará con 2 brigadas que suporán a contratación de 12 persoas.
A día de hoxe nin sequera se publicaron as bases de contratación para as brigadas. A concelleira de Compromiso por Galicia nas Pontes, Jéssica Fernández Polo, considera que “O sistema de brigadas municipais é malo pero que o grupo de goberno dilate o proceso de contratación é unha irresponsabilidade manifesta, nun momento no que segundo Medio Rural o risco de incendio no concello é moi alto e incluso extremo” ao mesmo tempo tamén amosa preocupación polo sistema de selección, dado que “ é práctica habitual do concello dar prazos excesivamente curtos para presentar a documentación e isto dificulta que se presente toda a xente que queira facelo”.
Dende Compromiso por Galicia ínstase ao Concello das Pontes a que publique as bases para a contratación do persoal das brigadas contraincendios á maior brevidade posible e que se garantan criterios de profesionalización e seguridade.

También podría gustarte
Comentarios