Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG PROPÓN A CONVOCATORIA DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA OS XOVES PONTESES

Tamén formula axudas e bonificacións fiscais ás empresas por ofertar o seu primeiro contrato á xente nova.
As Pontes, 24 de agosto de 2013.- Dentro do importante e preocupante número de desempregados no noso Concello (985 en xullo), a xente nova representa, segundo os dados oficiais, un 16%, cantidade próxima á do colectivo con estudos universitarios, que aporta un total de 130 veciños e veciñas, con 67 persoas que no mes de referencia aínda non tiveron a oportunidade de exercer un dereito básico como é o seu dereito ao traballo.
O BNG ven presentando, dende o ano pasado, propostas de actuación municipal para o fomento do emprego, a reactivación económica e a atención social, en función dos colectivos prioritarios, medidas que, até hoxe, non mereceron a atención do PSOE.
Unha das medidas consiste na creación de bolsas de investigación dirixidas á xente nova empadroada no concello, quer nos últimos anos dos seus estudos -universitarios ou ciclos superiores de FP- o que axudaría tamén ao pago das súas taxas, quer xa titulada e sen emprego; as investigacións poderían ser propostas polo Concello (en ámbitos como o patrimonio, medio ambiente, sanidade, economía, emprego, turismo, …), por empresas da localidade que tiveran necesidade de desenvolver proxectos e que poderían ben complementar economicamente a bolsa ben ofertar compromisos de contratación posterior, ou polos propios interesados.
Tamén propón o BNG estabelecer axudas na cota empresarial da seguridade social e bonificacións fiscais no ámbito municipal, ás empresas que contraten a persoas integradas dentro do colectivo dos 67 ponteses e pontesas sen emprego anterior, con unha ponderación en función do tipo de contrato, temporalidade e salario.
Non todo van ser festas, lago e adoquinados; As Pontes ten outras prioridades. E, cando menos para o BNG, o emprego e a xente nova son dúas delas.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios