Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO POLO CORREMENTO DE TERRAS NOS AIRÍOS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os materiais dunha entulleira chegaron até o río Eume.
O grupo parlamentar do BNG, por iniciativa da Asemblea Local das Pontes, ven de rexistrar no Parlamento galego un conxunto de preguntas relativas a un corremento de terras nos Airíos, moi visíbel dende a autovía Ferrol-Vilalba.
Os nacionalistas ponteses, ademáis de amosar a súa preocupación polo tipo de materiais depositados e polas actividades industriais das que proceden, interésanse polos seus posíbeis efectos ambientais, nomeadamente sobre do río Eume.
Dende o BNG sublíñase, tamén, a ausencia de información sobre do acontecido por parte da Xunta e do Concello, administracións que parecen máis interesadas na súa ocultación que en dar a coñecer, de existir, as medidas correctoras postas en marcha, así como as posíbeis responsabilidades.
O Grupo Municipal do BNG ven de rexistrar, tamén, unha solicitude de convocatoria da Comisión Informativa de Medio Ambiente do Concello, órgano que case non se reúne dende a súa constitución no 2011, a pesar dos graves problemas existentes que teñen motivado as denuncias dos veciños e a apertura de expedientes administrativos por parte da Xunta.
Asemblea Local do BNG das Pontes
airios


“airios”
airios
airios
airios

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios