Nota de prensa BNG: O BNG CONTINÚA A TRABALLAR POLO EMPREGO NAS PONTES

Solicita dos responsabeis internacionais de L.M. unha decisión firme e urxente ao respecto do novo proxecto.
Os traballadores e as traballadoras de L.M. veñen de manter un encontro nas Pontes con responsábeis do BNG, entre os que estaban o portavoz municipal Xaime Castro, o candidato ao Parlamento galego Fernando Branco, o Director Xeral de Industria Anxo Calvo, e o responsábel local Francisco da Silva.


Na reunión o Comité de Empresa trasladou aos responsábeis do BNG a súa preocupación pola situación da empresa logo de oito meses en regulación de emprego, ERE con continuidade ate finais de 2009, situación que se complica, agora, coa comunicación da dirección da factoría dun posíbel peche, sen concretar a data.
Neste senso, dende o BNG comprometémonos a facer xestións diante dos responsábeis internacionais de L.M. para que clarifiquen o futuro da súa instalación nas Pontes e sobre das posibilidades dun traslado e ampliación no parque empresarial de Penapurreira, para o cal as Consellarías nacionalistas de Vivenda e Solo e de Innovación e Industria teñen superficie dispoñíbel.
En contraposición cos anuncios irresponsábeis e as promesas incumpridas do goberno municipal, o BNG continúa a realizar un traballo conxunto coas Consellarías nacionalistas, un traballo serio, rigoroso, responsábel que permite a captación e a instalación de proxectos como o da empresa CTL na mina de Endesa, que cun investimento anual duns 5 millóns de euros, creará 15 postos de traballo e axudará a manter outros.

As Pontes, 20 de febreiro de 2009
Asemblea Local do BNG das Pontes
También podría gustarte
Comentarios