Nota de prensa BNG: O BNG SOLICITA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA FACER FRONTE Á CRISE

Os 8 Concelleiros do Grupo Municipal do BNG veñen de rexistrar no Concello unha solicitude dirixida ao Alcalde para celebrar un Pleno monográfico sobre das medidas, extraordinarias e urxentes, do ámbito municipal diante da crise.
O BNG pretende obrigar ao Grupo de Goberno socialista a vencer o seu desleixo, a saír da súa notaria pasividade, manifestada polo feito de que, case rematado 2009, o Concello continúa a traballar cos orzamentos do ano 2008 prorrogados, e, co prazo legal tamén esgotado, non ten presentado os do 2010. Todo elo nun contexto no que os últimos dados públicos sitúan o paro rexistrado en 800 persoas, un 21% máis que no 2008 e un 33% máis que no mesmo mes de 2007.
O BNG espera que o Alcalde, no exercicio da súa responsabilidade, non esgote os prazos legais e fixe a convocatoria á maior brevidade, o que permitiría executar os acordos de xeito urxente.
Asemblea Local do BNG de As Pontes, 14 de novembro de 2009.

También podría gustarte
Comentarios