Nota de prensa CIG: A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS NO GRUPO EINSA EN AS PONTES

Nas eleccións sindicais celebradas este mércores día 28, nos Centros de Trabrallo de Enisa-As Pontes e Einsa-Print, a CIG foi o sindicato máis votado (máis do 50% dos votos válidos), e obtivo a maioría dos delegados/as, un total de 8 sobre os 18 que se elexían (CCOO sacou 5 e UXT outros 5).


É de salientar a importancia deste resultado se consideramos que, neste proceso electoral, houbo unha implicación directa e intensa do Alcalde das Pontes a favor da candidatura da UXT que tivo tamén un importante apoio da Dirección da Empresa que, nun xeito pouco habitual, participou na votación e, por azar, puídose comprobar que votaban pola UXT.
Queremos agradecer o apoio dos traballadores/as a nosa opción sindical e lembrar que este Grupo empresarial ten por diante importantes retos financeiros que demandarán ter uns Comités de Empresa con capacidade de negocación e resposta para o mantemento das condicións socio-laborais dos traballadores/as, e para isto será imprescindíbel o respaldo do cadro de persoal.
As Pontes, 28 de xaneiro de 2010

También podría gustarte
Comentarios