Amigus
As Pontes

Nota de Prensa BNG : O paro dispárase en As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Unha vez coñecidos os datos do paro rexistrado no mes de xaneiro en As Pontes, podemos comprobar o importante incremento das persoas en situación de paro no noso Concello.
En As Pontes agora mesmo temos 926 parados/as, logo de que no mes de xaneiro o incremento fose de 119, o segundo maior aumento en todo Ferrolterra, despois do Concello de Ferrol que tivo 150. Mais debemos considerar que Ferrol ten 6,5 veces máis poboación que As Pontes.
Estamos pois nun momento crítico para o futuro dos traballadores/as deste pobo sen que, por parte do Grupo Municipal do PSOE, se lle estea dando ningunha importancia.
Debemos lembrar que foi o BNG quen propuxo a realización dun Pleno Extraordinario para analizar que medidas se poderían desenvolver dende o ámbito local para enfrontar esta situación e, ante esta solicitude, o Alcalde deixou pasar interesadamente os prazos previstos para a Convocatoria do Pleno para, definitivamente, ser convocado por parte da Secretaria do Concello no cumprimento estricto do regulamento municipal, e non aprobar ningunha das propostas.
Isto amosa o desleixo e o abandono deste Goberno Municipal no que ten a ver coa creación de emprego.
Dende o BNG, consideramos que o Alcalde dixo tantas mentiras sobre o futuro laboral de As Pontes que el mesmo chegou a crelas.
Mais a realidade é, por desgraza, ben distinta, pasouse de anunciar a creación de 1.500 postos de traballo nesta lexislatura, a ter a cifra de paro máis alta dos últimos anos.
Dende a chegada ao Goberno Municipal do Psoe, o paro incrementouse en 350 persoas; en termos porcentuais o aumento é do 60%.
As Pontes, 3 de febreiro de 2010
Asemblea Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios