Nota de Prensa BNG : O ALCALDE DAS PONTES NON TEN CONVOCADO O PLENO DE APOIO Á MOBILIZACIÓN DE ASTANO

O BNG solicitaba na pasada semana a convocatoria dun Pleno Extraordinario monográfico no que se debatera o apoio á mobilización comarcal do próximo sábado 27, convocada por Rumbo 21, asociación impulsora da recollida de máis de 18.000 sinaturas que reclaman o levantamento do veto a ASTANO.
A solicitude foi motivada pola tardanza do Alcalde en contestar a unha proposta do BNG e do PP para presentar a moción de forma conxunta, como está a ocorrer noutros Concellos da Comarca.
A moción de apoio inclúe, tamén, a demanda ao Presidente do Goberno do Estado para que cumpra co seu compromiso –en contestación ao deputado nacionalista Francisco Jorquera- de aproveitar a Presidencia da UE para o levantamento do veto á construción naval civil no estaleiro de Fene, e un chamamento institucional ás veciñas e aos veciños das Pontes para que participen na manifestación que ten como lema Pola creación de Emprego / Por un sector naval con futuro / Levantamento do veto XA!.
Asemblea Local das Pontes, 24 de marzo de 2010.

También podría gustarte
Comentarios