Nota de Prensa BNG: PARQUE MUNICIPAL: MÁIS TEMPO E MÁIS CARTOS

O Concello ven de adxudicar por case que 60.000€ máis a reforma e ampliación da obra non rematada.
Era aló polo mes de maio de 2009 cando o Concello contrataba a obra do parque municipal por máis de 185.000 € á empresa Canosa; a súa execución debería durar 5 meses e a empresa obrigábase a crear 3 novos empregos dos 12 previstos polo Concello.
A finais de xuño, pero de 2010, superados con moito os cinco meses de execución aos que se obrigaba a empresa, o Alcalde ven de anunciar o seu posíbel remate para dentro de 15 días, ampliando aínda máis o prazo previsto o ano pasado.
Pero o Alcalde non anunciou a outra ampliación en relación coa obra: o seu presuposto aumenta en case que outros 60.000 €, para unha reforma e ampliación cando está sen rematar.
Tamén olvidou o Alcalde anunciar a empresa adxudicataria dun proceso de contratación sen publicidade; seguro que é unha empresa á que o Concello non lle debe facturas e que, segundo comprobou o propio Alcalde, non ten problemas de liquidez e paga aos seus empregados.
O BNG non entra a valorar a necesidade da obra e, de momento –por imposibilidade-, o seu resultado; porén, quere denunciar, unha vez máis, o proceder partidista, a prepotencia, o obscurantismo e a improvisación do goberno do PSOE nas Pontes.
Asemblea Local do BNG das Pontes.
19 de xuño de 2010.

También podría gustarte
Comentarios