Nota de Prensa BNG: O BNG SOLICITA UN PLENO PARA DEBATER E ACORDAR SOBRE DO LAGO-ESCOMBREIRA.

Dende que comezara o enchido do lago en 2008, e despois de varias solicitudes por parte do BNG nos Plenos e no Parlamento, Endesa organizou un acto, ao que foron convidados a Xunta e o Concello, para informar, segundo a prensa, dos posíbeis usos do lago; entre as conclusións pódense citar as seguintes:


segundo a Xunta, a evolución da calidade da auga é excepcional, incluso apta para o consumo humano;
o proxeto vai moi rápido, cunha previsión de remate do enchido dentro dun ano, en 2011;
o uso público da escombreira e do lago, segundo o Alcalde e a Xunta, non será ate o 2020;
sobre dos posíbeis usos, propiedade e xestión o Concello está a traballar, aínda que non foi quen de adiantar dato algún; a Xunta e Endesa non saben nada do tema;
segundo o Alcalde, para o finanzamento das obras, cando se calcule o seu importe, destinaranse fondos do Plan da Minaría, que remata no 2012.
Estase a traballar ben?. Ten que rematar o enchido para saber que queremos do lago e da escombreira e como o imos facer?. Temos que esperar ao 2020?.
Para o BNG a resposta é NON. O acto non fixo máis que evidenciar o que o BNG ven demandando: é necesario combater o desleixo, o caos e a pasividade do Concello e da Xunta, e converter a planificación e a xestión do conxunto lago-escombreira nun dos temas prioritarios, por adicación temporal e de recursos, incluídos os económicos.
Para o BNG imos con retraso; pero podemos recuperar o tempo perdido, ou cando menos non perder máis. Polo BNG non vai ser.
Asemblea Local do BNG das Pontes, 17 de xullo de 2010.

También podría gustarte
Comentarios