Nota de prensa BNG: Penapurreira

O bo entendemento PP-PSOE no Concello das Pontes é coñecido por todos; fai tempo que non gardan nin as formas, o que se pode comprobar nos Plenos Ordinarios, nos “Rogos e Preguntas”, cando o Grupo Mixto (PP) fai sempre algunha para a que o Alcalde ten prepara unha resposta.
Pero a situación chegou ao grao delirante no Pleno do xoves, 4 de setembro. A pregunta e a resposta, o PP e o PSOE, trataron de responsabilizar á Consellería de Vivenda e Solo e a Xestur da situación da ampliación de Penapurreira, argumentando, o único concelleiro do PP e o Alcalde, o aparente mal trato en comparación con outros concellos nos que saíron á venta parcelas industriais.


O desenvolvemento de Penapurreira e a adxudicación de parcelas e singular e diferente ao resto; nas Pontes, dende hai mais de dez anos, existe o Plano de Desenvolvemento, asinado pola Xunta, Endesa e os Sindicatos. A Xunta do PP asinou o acordo, logo de varios intentos, e só fixo eso: asinar, xa que non puxo un euro; o parque iniciouse cos fondos aportados pola empresa e ampliouse co impulso nacionalista, xa que as Consellerías de Innovación e Industria e Vivenda e Solo aportaron dos seus orzamentos e foi o goberno municipal do BNG quen asinou un convenio cunha das empresas do polígono para a execución dunha boa parte das obras. O Plan do Carbón só complementou, cunha aportación insuficiente e repartida en varios anos, todo o contrario do que fixo noutras partes do Estado nas que puxo a totalidade dos cartos nun só prazo. No anterior plan Galiza non recibiu 150 M€, e neste aínda esperamos polos 15 M€ dos anos 2006-2007, que tamén son de tódolos ponteses.
É que descoñecen os dous membros “veteranos” da Corporación cal é o procedemento de adxudicación en Penapurreira?. É que non saben, a “chave” e a “pechadura” (en termos políticos) a relación entre Penapurreira e o Plano de Desenvolvemento (Xunta, Endesa e Sindicatos). É que lles hai que explicar, a Juan e a Valentín ou a Valentín e a Juan (tanto monta….), por que o Concello non toma parte nas adxudicacións das parcelas?.
O procedemento polo que un pregunta e o outro contesta e se queixa leva funcionando dende fai mais de dez anos, e, cando menos ate fai pouco, daba resultados positivos: asentábanse empresas e creábanse postos de traballo; o parque de Penapurreira estaba cheo. Dende entón, o único cambio foi no Concello, e os resultados son os que son. De quen será a responsabilidade?.

También podría gustarte
Comentarios