Amigus
As Pontes

Nota de Prensa.CxG As Pontes: Valoración moción transparencia e voto PSOE

O PSOE pontés decidiu votar en contra da transparencia no pleno celebrado hoxe xoves 12 de setembro. CXG presentou unha moción cunha batería de medidas que favorecerían a transparencia municipal usando a páxina web do Concello como medio para achegarse á cidadanía e sen que supuxese custe económico algún (publicar os orzamentos, as retribucións dos concelleiros, as subvencións, a adxudicación de obras…)
Tanto o alcalde como a tenente de alcalde xustificaron o seu voto en contra en base a “supostas dificultades técnicas”. Segundo a concelleira Jéssica Fernández Polo “ O PSOE non ten excusa posible, decidiu ir políticamente en contra da transparencia nin máis nin menos”.
Dende CXG ofreceúselles a posibilidade de incluír un punto na moción na que se deixase claro que só se levarían a cabo aquelas medidas que tivesen cobertura legal e técnica. Esta posibilidade tamén foi rexeitada polo grupo de goberno.
A CXG As Pontes sorpréndelle que o PSdG, que están nun proceso de renovación e facendo da transparencia un dos seus cabalos de batalla, voten en contra cando se proponen alternativas reais e prácticas, afondando máis na brecha que separa políticos e cidadanía.. Haberá que ver se este é o camino que quere seguir o novo líder do PSdG e os seus concellos.

También podría gustarte
Comentarios