NOTA PRENSA COMPROMISO X GALICIA (+G): O ALCALDE DAS PONTES COMENZARÁ A COBRAR UN SALARIO DO CONCELLO

Onte enterámonos pola prensa de que o Alcalde das Pontes vai empezar a recibir unha retribución polo seu cargo. Esta é a primeira noticia que temos en Compromiso X Galicia (+G) sobre este importante cambio na organización do concello. Chama a atención que o alcalde prefira os xornais e non os órganos democraticamente escollidos para facer os seus anuncios.
Dende Compromiso X Galicia (+G) entendemos que os representantes públicos poden recibir unha retribución sempre que sexa xustificada, proporcionada e debidamente fiscalizada. Actualmente o PSOE conta con dous concelleiros con adicación exclusiva e outra a maiores con cargo á Deputación. Ademáis existe un posto dun asesor, persoa de confianza escollida polo alcalde.


Na actual situación económica e, tendo en conta que o concello das Pontes conta cunha ampla e preparada plantilla de traballadores, se o alcalde ten unha adicación completa ao concello, non sería comprensible que se seguise a contar cun asesor.
Compromiso X Galicia (+G) leva meses demandando a presentación dos orzamentos municipais que se foron retrasando inexplicablemente. Parece ser que serán presentados no mes de agosto despois do anuncio do novo salario do alcalde. Agardamos que isto non fose o que estaba a paralizar un documento esencial para o funcionamento do concello.
A cidadanía pontesa merece que os seus gobernantes respecten as institucións que representan e que se realice unha boa xestión dos seus recursos. O goberno do PSOE segue a inclumplir sistematicamente ámbolos dous aspectos.

También podría gustarte
Comentarios